Alfonso Rueda considera que Touriño describiu unha "Galicia no país das marabillas"
O PPdeG cuestiona que a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta "pasara de puntillas sobre as eivas do seu Goberno en áreas como os incendios, as riadas, as zonas C, os problemas dos gandeiros ou o colapso da sanidade pública". Consideran que Touriño "perdeu, novamente, a oportunidade de ser o presidente que necesitan os galegos, con visión de cal son os nosos retos reais e capacidade para liderar o xeito de acadalos". Critican que teña presentado "como grandes logros materias como a política de vivenda ou a atención sanitaria, nos que o fracaso do seu goberno é particularmente notable".
LEER MAS